Seguindo coa temática da animación xaponesa, a última que vin foi "La tumba de las luciernagas", pelicula dirixida polo socio nos Estudios Ghibli de Hayao Miyazaki, o protagonista do anterior post, e que se chama Isao Takahata, quen naceu no 1935.
Neste post, vou falar da pelicula en vez do director. Esta pelicula foi creada no ano 1988, concretamente nos citados anteriormente estudios Ghibli.
A historia está ambientada en Xapón no ano 1945, durante a 2ªG.M. Os protagonistas, ao igualque nas pelis de Miyazaki son dóus nenos. Estes dóus nenos, chamados Seita e Setsuko, quedán orfos despois dun bombardeo incendiario dos norteaméricanos sobre a súa cidade, unha vez que se ven sen ninguen van a casa da súa tía,casa que abandonan despois dunha serie de inxustizas.
Unha vezque se van da casa da súa tía instalanse nunha especie de minas abandonadas nas cales todavia pasan máis penurias. Non teñen alimentos, Seita comeza a roubar e é descuberto, a pequena Setsuko .........
Non vos vou contar toda a historia senón non tería chiste, non?
A calidade dos debuxos e incrible e introducente de cheo na historia. A pelicula é un alegato pacifista e para defender esa paz narra unha das épocas máis duras da historia xaponesa recente.
É unha pelicula impactante e triste.
Sen máis dixobos con este video de www.youtube.com onde se pode ver un resumo da pelicula.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados